ACCIONISTAS

 

A ENERXÍA QUE MOVE GALICIA

O interese público, o arraigamento en Galicia, o coñecemento do sector enerxético e a solvencia financeira de carácter internacional son os trazos que definen o noso accionariado.

O noso accionariado compóñeno actualmente Reganosa Holdco (100 %).

 

O NOSO PRESIDENTE

 

Roberto Tojeiro asume a presidencia desta compañía cuxo funcionamento en nada lle é alleo, pois xa formaba parte do seu consello de administración e da súa comisión executiva, e leva vinculado ao proxecto desde o seu inicio, hai máis de 25 anos, acompañando ao seu pai, promotor fundamental da creación e posta en marcha da compañía. De feito, cando o Executivo de Galicia lle concedeu en 2011 a Medalla Castelao, subliñou del: “Foi un dos principais impulsores dun proxecto clave para a economía galega como é Reganosa”.

 

Nacido nas Pontes en 1961, licenciouse en Ciencias Económicas e Empresariais por ICADE, é presidente e conselleiro delegado do Grupo Gadisa -no que á súa vez está integrado o Grupo Reganosa-, e forma parte dos órganos de goberno de firmas punteiras en diversos sectores: transporte, forestal, agroalimentario, servizos, distribución alimentaria, enerxético, químico, biotecnolóxico...