REGANOSA, NAVANTIA E GAS NATURAL PRESENTAN EN LONDRES A SÚA OFERTA CONXUNTA DE SERVIZOS A BUQUES A GNL

04/22 2016

REGANOSA, NAVANTIA E GAS NATURAL PRESENTAN EN LONDRES A SÚA OFERTA CONXUNTA DE SERVIZOS A BUQUES A GNL

Reganosa, Navantia e Gas Natural reforzan a súa alianza para actividades de enfriamento de buques gaseiros, gassing up e cool down, que manteñen desde 2012. Esta oferta será presentada en Londres o vindeiro mércores, 27 de abril, nun acto que terá lugar no Hotel Radisson Blue Edwardian Vanderbilt, entre as 9.30 e as 12.30 horas.

Os tres socios invitan ao acto ás principais empresas relacionadas co GNL, tanto armadoras como propietarias de buques, empresas de cruceiro, comercializadoras e traders…

Desde 2012, dezasete buques accederon a estes servizos, especialmente interesantes para aqueles barcos que naveguen polo corredor de Fisterra, respecto ao cal o porto de Ferrol ocupa unha posición privilexiada.

Os futuros clientes asinan un único contrato con Navantia, que coordina con Reganosa e Gas Natural as prestacións relativas ao GNL. Este é un paso máis cara á ampliación da carteira de servizos ofrecidos na zona e a súa conversión no Hub de GNL da rexión noroeste peninsular.

Navantia, que conta cun centro de construción e reparación de buques no Porto de Ferrol, e Reganosa, operadora dunha terminal de GNL situada en fronte na ría, aproveitan así a súa sinerxía natural. Os buques de GNL poden realizar as súas reparacións e mantemento nos estaleiros de Ferrol e a continuación ser sometidos aos procesos de gassing up e cool down nas instalacións de Reganosa, saíndo da ría plenamente operativos.

O prazo para solicitar a asistencia a este acto está aberto e é necesario enviar un mail cos seus datos e a compañía que representa a [email protected].

Nota de prensa en word

Nota de prensa en PDF