A Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo, coas súas instalacións ubicadas no Campus da Auga de Ourense, organizou unha xornada sobre enxeñaría dixital para coñecer e debater unha visión actual do uso de solucións dixitais en ámbitos industriais.
Os compañeiros do noso equipo Manuel Ángel López Ferreiro e Jorge Leira Castro ofertaron aos asistentes a conferencia “Digitalización y sostenibilidad: investigación de técnicas de producción de hidrógeno verde”. Como caso real e exemplificador expuxeron o Proyecto Zeppelin, no cal dende Reganosa e o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) estamos testando novas tecnoloxías de produción e almacenaxe de hidróxeno verde en España. Buscando o abaratamento dos procesos cun mantemento da eficiencia enerxética, o estudo investiga especialmente o aproveitamento de residuos e subprodutos.