Talento

Rocío Vega modera unha mesa na cuarta edición das Xornadas Puerto-Empresa da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao

Este vernes, 29 de novembro, puidemos participar nas cuartas Xornadas Puerto-Empresa da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, que foron convocadas baixo o título “El puerto, vector energético”. Rocío Vega, responsable do departamento de Dixitalización e Eficiencia Enerxética do equipo de Reganosa, foi encargada de moderar a mesa de debate ao respecto da química verde.

Neste panel temático, puideron intervir e tomar parte diferentes representantes do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG Technology Center), Masol Iberia Biofuel, Tresca Ingeniería, S.A. e Forestal del Atlántico S.A.