A nosa empresa traballa para a constitución dun novo ecosistema enerxético que sexa sostible a todos os niveis: económico, social e medioambiental.
Reganosa conta con amplia experiencia en enxeñaría, tramitación, financiación, operación e mantemento de activos industriais. Esta, en conxunto co noso coñecemento da regulación e dos mercados, permítenos ser os líderes no desenvolvemento de proxectos que impulsen a muda: produción de biometano, Proxecto Zeppelin, ferramenta OIIO…
Cremos firmemente nunha mestura de tecnoloxías para camiñar cara un futuro enerxético eficiente e sostible, con tres liñas como táboas base: a electrificación e eficiencia da demanda; a produción e almacenaxe de electricidad e gases renovables, ademais do no do desenvolvemento de combustibles sintéticos e biocombustibles para o transporte.