Ante o problema do cambio climático imos necesitar…
• Tecnoloxías asociadas a mellorar a eficiencia no uso da enerxía: habemos de ser capaces de facer o mesmo con menos recursos e mesmo facer máis con menos.
• Avanzar na electrificación da demanda, e que esa electricidade ademais sexa renovable.
• Progresar no almacenamento, tanto hidráulico como de baterías, para xestionar toda esa enerxía verde.
• Tamén moléculas renovables, como o biometano, combustibles sintéticos e biocombustibles avanzados para o transporte. Para o que van ser relevantes tamén as tecnoloxías de captura e almacenamento de dióxido de carbono. E, por suposto, o hidróxeno verde.
Así o expuxo o noso director xeral en Vigo. Rodrigo Díaz participou na mesa “Novas enerxías: hidróxeno verde”, no marco da cuarta Conferencia das Cámaras de Comercio do Arco Atlántico, celebrada en Vigo. Moderado por Carlos Botana Lagarón, presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, compartiu panel con Antonio Casal Lago, director territorial de Ence en Galicia; Igor Pagazaurtundua, xerente de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Enagás; Jose Ignacio Zudaire, presidente da Cámara de Comercio de Bilbao e do Corredor Vasco do Hidróxeno; e Laura Rivas Estévez, directora de Proxectos do Consorcio Zona Franca de Vigo.