A responsable de Dixitalización e Eficiencia Enerxética de Reganosa, Rocío Vega Martínez, interviu nunha mesa redonda contando a súa experiencia na xestión de Certificados de Aforro Enerxético (CAE).
Na mesa abordáronse temas relacionados cos retos afrontados polas empresas galegas e as aprendizaxes que deixou a implementación de medidas de eficiencia enerxética, como o é OIIO, a nova aplicación de Reganosa Servizos.
Vega contribuíu á xornada grazas á súa experiencia coa nova app, dando a coñecer o seu papel na agregación de aforros e eficiencia enerxética, posicionándose como unha solución ao aforro na factura da luz para autónomos e pemes.
