ENAGÁS ADQUIRE A REDE DE GASODUCTOS DE REGANOSA E ESTA ENTRA CUN 25 % NO ACCIONARIADO DA PLANTA REGASIFICADORA DO MUSEL

02/28 2023

ENAGÁS ADQUIRE A REDE DE GASODUCTOS DE REGANOSA E ESTA ENTRA CUN 25 % NO ACCIONARIADO DA PLANTA REGASIFICADORA DO MUSEL

A operación reforza o sistema gasista español, prevé a posta en servizo do hidroducto Guitiriz-Zamora en 2030, e permite aproveitar as sinerxías das dúas compañías e explorar novas posibilidades de colaboración para contribuír á seguridade de subministro e avanzar nos obxectivos de descarbonización de España e Europa

 

 

Enagás e Reganosa firmaron un acordo polo que Enagás adquire a rede de 130 kilómetros de gasoductos de Reganosa por un importe de 54 millóns de euros, e Reganosa compra un 25 % da planta regasificadora do Musel, en Gijón, por un importe de 95.

Segundo os termos do acordo, Enagás adquire o total da rede de transporte que ata agora era propiedade de Reganosa e que consta de 130 kilómetros de gasoductos de 80 bares de presión. Esta rede está incluída dentro da rede troncal e é clave para garantir a seguridade de subministro e o correcto funcionamento do mercado ibérico do gas. Conecta coa terminal de gas natural licuado (GNL) de Mugardos e co gasoducto Tui-Llanera en Guitiriz e Abegondo. Conta con tres estacións de medición (EM), tres estacións de regulación e medida (ERM) e trece posicións de válvulas. A rede de transporte fai chegar o gas natural directamente ás centrais de ciclo combinado das Pontes (800 MW) e Sabón (400 MW), á refinería da Coruña (120.000 barrís/día) e ás poboacións das Pontes e Cerceda.

Ademais, Reganosa cede a Enagás a súa posición como promotor do hidroducto entre Guitiriz (Lugo) e Zamora, candidato a proxecto de interese común (PCI). Enagás, pola súa parte, comprométese a impulsar o desenvolvemento desa infraestrutura de transporte e a súa conexión á interconexión con Portugal, garantindo a total integración da poboación de hidróxeno renovable na zona cos corredores futuros de hidróxeno na península ibérica, co obxectivo de que entre en operación en 2030. Enagás impulsará e dará continuidade á tramitación desta infraestrutura como PCI e contará co apoio de Reganosa para axilizar ao máximo a súa aprobación. O pacto favorece a creación dun gran hub enerxético no noroeste peninsular que reforza a súa vez o papel de España como hub de hidróxeno renovable de Europa.

Pola súa parte, Reganosa entre cun 25 % no accionariado da planta do Muse, que ata agora era propiedade 100 % de Enagás e que conta cunha capacidade de almacenamento de 300.000 metros cúbicos de GNL, repartida en dous tanques de 150.000 cada un. Tamén conta cunhas instalacións de atraque e descarga deseñadas para os buques metaneiros máis grandes do mundo, os QMAX, de ata 266.000 m3. A planta do Musel, segundo está contemplado no Plan Máis Seguridade Enerxética do Goberno central, está preparada para a súa posta en marcha para uso loxístico proximamente, en canto finalicen os trámites administrativos en curso. Unha vez en funcionamento, poderá aportar ata 8 billion cubic meters (bcm)/ano de gas natural licuado para reforzar a seguridade de subministro enerxético de Europa.

Este acordo reforza ás dúas compañías, permite aproveitar as súas sinerxías e traballar conxuntamente en novas posibilidades de colaboración para reforzar a seguridade de subministro e avanzar nos obxectivos de descarbonización de España e Europa.

O conselleiro delegado de Enagás, Arturo Gonzalo, destacou que “se trata dun acordo histórico que reforza a estratexia das dúas compañías, e fortalece o sistema gasista español. O acordo contribúe ademais a reforzar o potencia da planta do Musel e favorece o noso plan de inversións en Galicia”. “Somos dúas empresas con moitas sinerxías e esta operación fainos estar mellor preparadas para afrontar os retos que temos por diante, como son continuar garantindo o subministro enerxético de España e Europa e contribuía á descarbonización. Nesta liña, esta alianza supón tamén un impulso ao papel de España como hub de hidróxeno renovable de Europa”. Arturo Gonzalo engadiu que “Xunta, Reganosa e Enagás, imos a continuar explorando novas posibilidades de colaboración”.

“A colaboración público-privada e a cooperación entre empresas están na xénese de Reganosa, forman parte do seu ADN. Este é un exemplo máis disto, un histórico”, sinalou o director xeral de Reganosa, Emilio Bruquetas. “É para nós un orgullo – abundou – poder contribuír xunto con Enagás ao desenvolvemento do noroeste peninsular, ao robustecemento do sistema enerxético español, ao incremento da seguridade do subministro e á consecución dos obxectivos de descarbonización da economía”. Finalmente, Bruquetas apostilou: “O noroeste español conta cunhas condicións excepcionais para a produción de hidróxeno verde e biogás. Esta alianza alicata o futuro, pon os cementos para que todas as infraestruturas clave no desenvolvemento dos gases renovables contribúan e operen ao servizo do sistema”.

A operación está suxeita ás aprobacións e condicións suspensivas deste tipo de operacións.

 

Sobre Enagás

Enagá é un TSO (transmission system operator) europeo con 50 anos de experiencia no desenvolvemento, operación e mantemento de infraestruturas enerxéticas. Conta con máis de 12.000 kilómetros de gasoductos, tres almacenamentos subterráneos e oito plantas de regasificación – catro delas 100 % propiedade de Enagás e outras catro con participación relevante no accionariado -. A compañía opera en sete países: España, Estados Unidos, México, Perú, Albania, Grecia e Italia. En España é o xestor técnico do sistema gasista.

De acordo con seu compromiso coa transición enerxética, Enagás anunciou o seu obxectivo de ser neutro en carbono en 2040. Aposta pola descarbonización e o impulso dos gases renovables, especialmente do hidróxeno e é a compañía española promotora do corredor H2MED, xunto cos operadores de Francia e Portugal, así como dos primeiros eixos da redes troncal de hidróxeno de España. Enagás ten unha posición de liderazgo en sustentabilidade e así o reflicte a súa permanencia no Dow Jones Sustainability Index World, por 15 anos consecutivos cunha das puntuacións máis altas do seu sector e a calificación Top 5% S&P Global ESG Score 2022. Enagás é tamén líder mundial do seu sector no 5% S&P Global ESG Score.

 

Sobre Reganosa

Reganosa é a primeira multinacional galega de enerxía. De acordo cos principios de seguridade, eficiencia e flexibilidade, desenvolve unha actividade clave na transformación do modelo enerxético e na mitigación dos efectos do cambio climático. Opera activos básicos para a seguridade do subministro en Europa e África, posúe infraestruturas clave para o sector enerxético en España e é líder mundial na xestión de terminais de gas natural licuado de terceiros. Nos últimos anos prestou servizos de diverso tipo en 24 países de catro continentes. Como grupo en transformación, actualmente desenvolve proxectos de economía circular, xeración con renovables, hidróxeno verde, almacenamento enerxético, eficiencia e dixitalización.