GANESO

Software Ganeso

Ferramenta de simulación e optimización de redes de gas

A través dun programa de investigación en colaboración con científicos do Departamento de Matemática Aplicada e Estatística da Universidade de Santiago de Compostela, con máis de 2.550 horas investidas, desenvolvemos unha ferramenta propia. Este permite a simulación, tanto estática como dinámica, e a optimización de diversas funcións de custo en redes de gas, cunha interface amigable para o usuario e adaptada ao uso de Google Earth. Analiza mallas complexas de gasodutos con todos os seus elementos (estacións de compresión, posicións de válvulas, plantas de regasificación e licuefacción, almacenamentos subterráneos...) e simulan o seu comportamento físico, ademais de buscar escenarios de demanda para a optimización de funcións de custos de operación dos elementos da rede. As redes e as súas funcións de custos son parametrizables. Permite tamén calcular, para unha rede dada, todas as tarifas entry-exit, aplicando distintos modelos de cálculo (Capacity Weighted, Matrix, Virtual Point, Paul Hunt e Postage Stamp).

Esta ferramenta resulta moi útil para analizar a xestión de redes de gasodutos e para planificar o desenvolvemento de infraestruturas gasistas baixo estritos criterios de eficiencia, incorporando modelos de previsión da demanda, custos de investimento e operación das infraestruturas planificadas, ademais de simular a aplicación de multitude de políticas. Utilizamos os resultados das nosas simulacións para mellorar o noso día a día, a nosa colaboración con reguladores e institucións, e para contribuír ao traballo das distintas organizacións nas que participamos. Contamos con persoal formado no seu uso, e facilitámoslles apoio ás diversas empresas que nolo solicitan.

É unha liña de traballo aberta, na que seguimos investigando e á que continuamos incorporando novas funcionalidades.

Solicita máis información