A redución de emisións de metano é un desafío global que implica colaboración, innovación e acción inmediata. No evento Methane Mitigation Europe, celebrado en Ámsterdam (Países Baixos), tivemos a oportunidade de compartir a nosa visión no panel «The emissions journey: managing emissions across the entire gas value chain», presentado pola nosa responsable de procesos e calidade, Nara Vega Prado.
Desde Reganosa, integramos a seguridade e o medioambiente desde o deseño das nosas infraestruturas, minimizando puntos de fuga e facilitando o mantemento; implicamos aos nosos equipos e provedores na vixilancia activa, con roldas diarias que inclúen o seguimento de posibles emisións; apostamos por campañas leak detection and repair (LDAR) para detectar e corrixir fugas en tempo real, e dixitalizamos modelos de planta para mellorar a reconciliación de datos e a xestión de emisións.
A innovación é clave, pero tamén o é actuar rápido e con eficacia.