En Reganosa temos activos máis aló da terminal de gas natural licuado de Mugardos. En 2023, de feito, adquirimos o 25 % de Musel E-Hub, en Xixón.
Cando fixemos ese investimento en Asturias, pretendíamos xerar un nodo enerxético no noroeste peninsular, reforzar a seguridade de subministración e aproveitar as sinerxias das infraestruturas próximas aos roteiros atlánticos, entre outros obxectivos.
Esta planta atesoura un firme compromiso coa sustentabilidade e contribúe aos obxectivos de redución de emisións, a máis diso operar baixo estritos estándares de seguridade.