O CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DE REGANOSA NOMEA PRESIDENTE DO GRUPO A CARLOS COLLANTES PÉREZ-ARDÁ

06/18 2019

O CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DE REGANOSA NOMEA PRESIDENTE DO GRUPO A CARLOS COLLANTES PÉREZ-ARDÁ

O Consello de Administración de Reganosa nomeou presidente do grupo a Carlos Collantes Pérez-Ardá, en substitución de José María Paz Goday, que seguirá vinculado a Reganosa como membro do citado órgano. O novo presidente, que xa pertencía ao consello de administración desde 2017, asume o cargo para dar continuidade ás liñas estratéxicas actuais e impulsar o desenvolvemento de Reganosa, con especial foco nos desafíos e oportunidades que suscita o proceso de transición enerxética en curso.

Durante o mandato de José María Paz, Reganosa obtivo a certificación como Xestor de Rede de Transporte (TSO) e transformouse para acometer a expansión internacional, coa creación das compañías a través das cales o grupo presta servizos de consultoría e de operación e mantemento de infraestruturas enerxéticas. Hoxe o grupo participa en proxectos en países como Malta, Kuwait, India, ou Canadá e conta cunha sólida posición para afrontar os retos futuros.

Nacido na Coruña en 1954, Carlos Collantes Pérez-Ardá é enxeñeiro industrial. desenvolveu a súa actividade profesional no sector enerxético, comezando na citada cidade ao servizo da empresa Fenosa. Xa en Madrid, asumiu importantes responsabilidades, particularmente na área do transporte de enerxía. Á longo da súa carreira foi director xeneral de Transporte en Red Eléctrica Española. Tamén desempeñou a presidencia das sociedades INALTA, INELFE (compañía participada ao 50 % polos TSO eléctricos de España e Francia para o desenvolvemento de inconexións eléctricas) e da peruana TESUR (Transmisora Eléctrica do Sur).

Nota de Prensa en Word

Nota de Prensa en PDF