REGANOSA AFIANZA A SÚA EXPANSIÓN CUN NOVO INCREMENTO DE PERSOAL

12/22 2022

REGANOSA AFIANZA A SÚA EXPANSIÓN CUN NOVO INCREMENTO DE PERSOAL

A enerxética inicia un proceso de selección para sumar dez enxeñeiros ás diferentes ramas de actividade da compañía

Con estas incorporacións o cadro de persoal do grupo alcanzará os 171 empregados, o 97 % titulados medios ou superiores

 

Reganosa emprende un novo incremento de persoal. En aplicación do seu plan estratéxico, a multinacional galega da enerxía aumentará nesta ocasión un 6,2 % o seu número de empregados. Deste xeito, consolida a súa expansión, un desenvolvemento iniciado a década pasada e que alimenta por dúas vías: a da internalización e, sobre todo, a da diversificación da actividade.

A compañía abriu esta mañá un proceso de captación de persoal para incorporar a dez novos enxeñeiros. Cando esta selección concluía, nas próximas semanas pasará a contar con 171 traballadores, dúas veces e media máis que ao peche de 2015 (70). O 97,1 % deles serán titulados medios ou superiores.

A empresa está buscando nestes momentos a unha decena de graduados superiores en enxeñería industrial, química, naval ou equivalente, como se indica na oferta cuxos detalles os aspirantes poden consultar accedendo ao perfil corporativo de LinkedIn e a través da páxina web www.reganosa.com. Os contratados seguirán un intenso plan de formación integral que os levará a coñecer os procesos produtivos e as diferentes ramas de actividade do grupo.

Cunha idade media de 40,2 anos, o persoal do grupo o compoñen na actualidade 107 profesionais con posto en Mugardos e 54 que traballan noutras partes do mundo. Os empregados distribúense entre as distintas liñas de negocio do grupo.

“A nosa evolución de gasista local a enerxética global encontra reflexo no ámbito das persoas. Acompañar a Galicia na transformación da súa economía é un privilexio, satisfácenos contribuír á xeración de riqueza, ao fomento da innovación e á creación de emprego de calidade no noso entorno”, valorou a responsable de Xestión do Talento de Reganosa, Alba Budiño.

Reganosa é a primeira multinacional galega da enerxía. De acordo cos principios de seguridade, eficiencia e flexibilidade, desenvolve unha actividade clave na transformación do modelo enerxético e na mitigación dos efectos do cambio climático. Opera activos básicos para a seguridade do subministro en Europa e África, é líder mundial na xestión de terminais de gas natural licuado de terceiros (Ghana, Malta e Italia) e posúe a súa propia en Mugardos, de onde parte tamén a súa rede de gasodutos. Está certificada como xestor da rede de transporte e no último cuadrienio prestou servizos de diverso tipo en 24 países de catro continentes. Como grupo en transformación, actualmente desenvolver proxectos de economía circular, xeración con renovables, hidróxeno verde, almacenamento enerxético, eficiencia e dixitalización.

 

LinkedIn

Queremos ver tu talento