REGANOSA, CONVIDADA A EXPLICAR OS PLANS DE PROTECCIÓN DE INSTALACIÓNS PORTUARIAS NUNHA CONFERENCIA DE SEGURIDADE EN PORTOS

04/23 2019

REGANOSA, CONVIDADA A EXPLICAR OS PLANS DE PROTECCIÓN DE INSTALACIÓNS PORTUARIAS NUNHA CONFERENCIA DE SEGURIDADE EN PORTOS

Reganosa participará mañá na IV Conferencia Sectorial de Seguridade en Portos, que organiza a Fundación Borredá en colaboración con Puertos del Estado. O evento, que se celebrará en Madrid, reúne a gobernantes, mandos das Forzas de Seguridade do Estado, directivos de autoridades portuarias e expertos de empresas.

A representación de Reganosa correrá a cargo de Paula Pieroni, responsable de Seguridade, Saúde, Medio Ambiente e Calidade, quen explicará os plans de protección dunha instalación portuaria, e en concreto os da terminal de gas natural licuado do porto de Ferrol. A experiencia de Reganosa, que tamén opera a terminal de GNL de Malta e participa en proxectos en catro continentes, é de interese para o público especializado que acudirá á reunión dados os altos estándares alcanzados.

As sesións serán inauguradas pola secretaria xeral de Transporte, do Ministerio de Fomento, María José Rallo. Entre os ponentes figuran técnicos de Puertos del Estado e da Dirección General de Marina Mercante, das autoridades portuarias de Barcelona e de Vigo e de diversas empresas e entidades.

Nota de prensa en Word

Nota de prensa en PDF