Talento
Gasnam_Junta directiva_080425

Reganosa, na nova xunta directiva de Gasnam-Neutral Transport

A plataforma tecnolóxica Gasnam-Neutral Transport acaba de renovar a súa xunta directiva, reforzando así a súa aposta polos gases renovables como motor clave para transformar os sectores do transporte terrestre e marítimo, especialmente aqueles de difícil electrificación. A asociación promove o uso de biometano, hidróxeno renovable e combustibles sintéticos como vectores fundamentais desta transición.

Na nova dirección, unha das vogalías corresponde a Reganosa, a través de Andrea Míguez da Rocha. O resto son para Alimerka (Paula Díaz-Caneja), a Autoridade Portuaria de Huelva (Alfonso Peña), Baleària (Pablo García), Cotenaval (José Poblet), Dourogas (Bernardo Boal), Enagás (Claudio Rodríguez), Fundación Cidaut (José Ignacio Domínguez), Gas&Go (Santiago Garrido), Galp (Luis Castro), Grupo Ruiz (Albino Pérez, representado por Juan José García Guerra), IDE Energy (Buenaventura Gómez), Iveco (Álvaro Arroyo), Moeve (Joaquín Rodríguez, representado por Ignasi Torrents), Naturgy (Carmen Rey) e Wärtsilä (Jesús Puelles).

Silvia Sanjoaquín (Naturgy) foi reelixida presidenta por outros catro anos. Estará acompañada por un equipo consolidado na vicepresidencia: Claudio Rodríguez (Enagás), na sección de Enerxía; Álvaro Arroyo (Iveco), Terrestre; e José Poblet (Cotenaval), en Marítima.

Podes ler máis aquí: https://gasnam.es/gasnam-neutral-transport-renueva-junta-directiva-liderar-transicion-transporte-limpio-eficiente/