REGANOSA REALIZA NA SÚA TERMINAL DE MUGARDOS UN SIMULACRO COA PARTICIPACIÓN DE MEDIOS EXTERNOS ACTIVADOS POLO CAE 112

11/14 2018

REGANOSA REALIZA NA SÚA TERMINAL DE MUGARDOS UN SIMULACRO COA PARTICIPACIÓN DE MEDIOS EXTERNOS ACTIVADOS POLO CAE 112

Reganosa realizará mañá pola mañá na súa terminal de Mugardos un exercicio de seguridade no que colaborará persoal pertencente ao Parque de Bombeiros de Ferrol e aos Servizos Médicos do 061. Esta actividade forma parte do programa de adestramento que se realiza na planta tanto para o persoal propio como para o externo.

Reganosa ten para a súa terminal do porto ferrolán un programa intensivo de formación para asegurar a resolución de calquera incidencia de seguridade coa maior eficiencia.

O exercicio desenvolverase en xornada diúrna e consistirá na simulación dunha fuga de produto en zona de proceso. Ante a solicitude desde a terminal de envío de persoal de apoio para intervención e atención dun traballador lesionado, CAE 112 mobilizará a efectivos do Parque de Bombeiros de Ferrol e Servizos Médicos 061 que se dirixirán á terminal.

Nota de Prensa en Word

Nora de Prensa en PDF