Rocío Vega Martínez, responsable de Dixitalización e Eficiencia Enerxética de Reganosa, interveu nunha mesa redonda contando a súa experiencia na xestión de certificados de aforro enerxético (CAE). Na mesa abordáronse temas relacionados cos retos afrontados polas empresas galegas e as aprendizaxes que deixou a implementación de medidas de eficiencia enerxética, como o é ‘Oiio’, a nova aplicación de Reganosa Servizos.
Vega contribuíu á xornada grazas á súa experiencia coa nova aplicación, dando a coñecer o seu papel na agregación de aforros e eficiencia enerxética, posicionándose como unha solución ao aforro na factura eléctrica para autónomos e pemes.
Aquí podes saber máis sobre esta nova ferramenta.