Talento

Servizos

Eficiencia enerxética e dixitalización

Ofrecemos servizos avanzados de eficiencia enerxética e planificación e xestión de sistemas enerxéticos a través de solucións dixitais propias.

A nosa tecnoloxía, desenvolvida cunha sólida e innovadora base físico-matemática, optimiza a planificación, a operativa e os consumos de calquera proxecto enerxético ou industrial.

Solucións dixitais

GANESO é unha ferramenta de simulación e optimización de redes de gas, resultado dun proxecto de investigación desenvolvido entre Reganosa e o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga).

Esta colaboración foi premiada por considerarse o mellor caso de éxito de transferencia de tecnoloxía en Galicia 2016 pola Real Academia Galega de Ciencias e a Axencia Galega de Innovación.

Considerando calquera escenario de demanda e condición de operación, GANESO analiza e replica redes complexas con todos os seus elementos, así como suxire melloras no seu funcionamento.

DTSO é unha solución dixital para a xestión e planificación de sistemas enerxéticos eficientes, creada da continua colaboración entre CITMAga e Reganosa. Grazas á integración de técnicas de machine learning e modelos matemáticos de simulación de procesos, DTSO facilita a toma de decisións intelixentes e aporta solucións óptimas que maximizan o aforro económico e melloran a eficiencia enerxética.

Esta ferramenta dixital continúa evolucionando a través da participación no proxecto Zeppelin. O obxectivo deste proxecto é investigar un conxunto flexible de tecnoloxías de produción e almacenamento de hidróxeno baseadas no aproveitamento de residuos e subprodutos, buscando mellorar de forma significativa os custos e a eficiencia da produción deste vector enerxético.

OIIO é unha aplicación móbil que busca para o cliente, con sistemas intelixentes, a mellor tarifa en cada momento, en función do seu consumo horario, do seu histórico de facturación e das súas necesidades de potencia. Ademais, xestiona de maneira independente e sinxela a contratación coas comercializadoras. Así mesmo, continúa estudando periodicamente a situación e emitindo consellos personalizados a través dun chat cuxo asistente virtual foi chamado Max Aforro.

OIIO está dispoñible tanto en Android como en iOS e para máis información pode visitarse a web: