Talento

Infraestruturas

Infraestruturas
 reguladas

Posuímos e xestionamos infraestruturas esenciais da rede básica de gas natural en España, que garanten a seguridade de subministro enerxético, diversifican aprovisionamentos e actúan como respaldo das tecnoloxías renovables.

Somos titulares únicos da planta de regasificación de Mugardos (Galicia) e participamos no 25 % do Musel E-Hub (Asturias).

Terminal de
 GNL de Mugardos

A terminal de GNL (gas natural licuado) de Mugardos (A Coruña, Galicia) entrou en operación en 2007.
É unha instalación estratéxica que desempeña un papel crucial na seguridade enerxética de Galicia e do noroeste peninsular.

  • Almacenamento de tipo de contención total onshore.
  • Tecnoloxía de vaporización ORV y SCV.
  • Buques compatibles: calquera tamaño, previa compatibilidade, ata 266.000 m3.
  • Atraque: calquera tamaño (previa compatibilidade) ata 266.000 m3

  • Amacenamento: 300.000 m3

  • Regasificación: 412.800 Nm3/h

  • Contribución ao desenvolvemento sostible de Galicia, á competitividade das súas industrias e á descarbonización da súa economía como respaldo das renovables.

  • Rol clave para garantir a seguridade do subministro en España e Europa.

  • Ferramentas dixitais propias para a xestión da actividade.

  • Descarga e carga de GNL a buques. A terminal de Mugardos realiza operacións de descarga e carga de GNL aos buques con caudais de 12.000 y 1.000 m3/h respectivamente.

  • Gassing up e cool down. Na actualidade a planta conta coa maior experiencia do sistema gasista español nestas actividades

  • Almacenamento. Os dous tanques de almacenamento cos que conta a planta permiten almacenar ata 300.000 m3 de GNL.

  • Regasificación. A capacidade de regasificación anual é de 3,6 bcm.

  • Carga de cisternas. A planta ten unha capacidade de carga anual de 12.775 cisternas.

  • Análise de laboratorio. El laboratorio de Reganosa, acreditado mediante la UNE EN ISO/IEC 17025 presta servizos de análise da composición e propiedades do gas natural.

Musel E-Hub

Adquirimos en 2023 o 25 % da terminal Musel E-Hub (Gijón, Asturias), co fin de xerar un nodo enerxético no noroeste peninsular, reforzar a seguridade de subministro e aproveitar as sinerxias das infraestruturas próximas ás rutas atlánticas.

  • Almacenamento de tipo contención total onshore.

  • Tecnoloxía de vaporización ORV e SCV.

  • Atraque: 65.000 m3 a 266.000 m3.
  • Almacenamento: 300.000 m3.
  • Regasificación: 800.000 Nm3/h.
  • Contribución á seguridade de subministro de gas en España e Europa.

  • Diminución da dependencia enerxética europea e diversificación de fontes.

  • Posición privilexiada no arco Atlántico.

A terminal opera baixo un modelo comercial híbrido, mediante o cal:

  • Se destina unha porcentaxe do almacenamento á comercialización baixo contratos a longo prazo e outro porcentaxe ao negocio regulado.

  • As operacións de carga e descarga de buques de GNL lévanse a cabo en réxime non regulado.

As operacións de carga de cisternas operan baixo un réxime de acceso regulado. A planta ten unha capacidade de carga anual de 10.950 cisternas.