Talento

Solucións dixitais

Proxecto Zeppelin

Reganosa testará novas tecnoloxías de produción e almacenamento de hidróxeno (H2) verde en España. Xunto ao Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) e dentro dun consorcio de grandes empresas do sector, a multinacional galega da enerxía desenvolverá unha ferramenta dixital de apoio á fabricación de H2 mediante a valorización de residuos.

O proxecto Zeppelin ten como obxectivo xeral investigar un conxunto flexible de tecnoloxías de produción e almacenamento de hidróxeno verde baseadas no
aproveitamento de residuos e subproductos, buscando mellorar de forma significativa os custos e a eficiencia da produción deste vector enerxético. Deste xeito, o proxecto aborda os diferentes retos tecnolóxicos vinculados ao reformado do biogás e bioetanol, a fermentación escura, electrólise microbiana, a gasificación e o almacenamento de H2, establecendo novos modelos de obtención de H2 verde complementarios á electrólise con enerxías renovables, integrados nun modelo enerxético descarbonizado baixo os principios da economía circular e a dixitalización, nun escenario de estrés hídrico agravado por fenómenos derivados do cambio climático.

Esta iniciativa está impulsada por un consorcio de oito empresas lideradas por Aqualia que xunto con Norvento Enerxía, Naturgy, Perseo  Biotechnology, Repsol, Redexis, Reganosa e Técnicas Reunidas, embárcanse nun proxecto que terá unha duración de 38 meses (do 1 novembro 2021 ao 31 decembro 2024).

Ademais, tamén colaboran 9 organismos de investigación (CETIM, CIEMAT, EnergyLab, CIDAUT, Instituto de Tecnoloxía Química (ITQ-UPV e ITQ-CSIC), FUNGE-Uva, IMDEA-ENERXIA e CITMAga), os cales posúen unha capacidade tecnolóxica complementaria para levar a cabo todas as actividades de investigación propostas ao longo do proxecto.

O proxecto Zeppelin conta cun orzamento total de 7.108.584 € e unha axuda de 4.239.725,90 €. Foi subvencionado polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), no marco da convocatoria 2021 do programa Misións Ciencia e Innovación (Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia), e conta co apoio do Ministerio de Ciencia e Innovación. A axuda outorgada ao proxecto conta co financiamento da Unión Europea a través do Fondo Next GenerationEU.

Este programa financia proxectos de investigación precompetitiva en cooperación, liderados por empresas, para conseguir:

Unha investigación relevante que propoña solucións a desafíos transversais e estratéxicos da sociedade española.

Mellorar a base do coñecemento e tecnoloxía na que se apoian as empresas españolas para competir.

Estimular a cooperación público – privada.

Estrutura Proxecto ZEPPELIN

O proxecto Zeppelin estrutúrase en 5 actividades complementarias de investigación que abordan cada unha das tecnoloxías do proxecto, así como a súa integración en diferentes probas de concepto:

Proponse a investigación e optimización da produción de H2 a partir de técnicas catalíticas. Investígase e optimízase o proceso de reformado seco do biogás, incluíndo o pretratamiento para a desulfuración do mesmo e unha valorización en segunda etapa do syngas para maximizar produción H2. Ademais, abórdase a investigación e optimización do proceso de obtención e reformado de bioetanol, así como as melloras do proceso mediante electrificación de reactores catalíticos.

Proponse a investigación e optimización da produción de H2 a partir de técnicas microbiológicas.
En concreto, Investígase e optimízase o proceso de fermentación escura, o de electrólise microbiana e o upgrading de bioH2.

Está enfocada na investigación e optimización da produción de H2 a partir de técnicas termoquímicas.
Para iso, Investígase e optimízase o proceso de gasificación a partir de residuos e os procesos de separación e purificación de H2 e syngas.

Está enfocada na investigación de procesos de almacenamento de H2. En concreto, investíganse novos materiais de almacenamento en forma de amoníaco, novos materiais de almacenamento mediante materiais porosos, ademais de investigar a integración térmica-enerxética en procesos de almacenamento de H2.

Adicionalmente, en cada unha das actividades anteriores proponse a investigación de novos algoritmos para o modelizado de cada un dos procesos estudados.

Aborda a integración e optimización dos procesos alternativos de obtención de hidróxeno. Estúdase da integración das novas tecnoloxías de produción e almacenamento, incluíndo a proba de concepto das tecnoloxías investigadas en Zeppelin. Ademais, proponse a análise do potencial de integración das tecnoloxías e o deseño dunha ferramenta dixital de optimización.

O proxecto Zeppelin foi subvencionado polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), no marco da convocatoria 2021 do programa Misións Ciencia e Innovación (Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia), e conta apoio do Ministerio de Ciencia e Innovación. A axuda outorgada ao proxecto conta co financiamento da Unión Europea a través do Fondo Next GenerationEU.