REGANOSA E ENAGÁS CREAN UN “HUB” ENERXÉTICO NO NOROESTE PENINSULAR

09/29 2023

REGANOSA E ENAGÁS CREAN UN “HUB” ENERXÉTICO NO NOROESTE PENINSULAR

Co peche da operación, Enagás adquire a rede de gasodutos de Reganosa, e esta, o 25 % da planta do Musel, que pasa da denominarse Musel E-Hub

Reganosa e Enagás pecharon hoxe a transacción para a copra, por parte de Enagás, da rede de 130 quilómetros de gasodutos de Reganosa, por aproximadamente 54 millóns e de euros, e a compra, por parte de Reganosa, de un 25 % da planta de regasificación do Musel, en Xixón, por ao redor de 95 millóns. Esta instalación pasa a denominarse Musel E-Hub. A transacción, que é resultado do acordo entre as dúas compañías alcanzado o pasado 28 de febreiro, pechouse con éxito unha vez obtidas as autorizacións necesarias.

Esta transacción favorece a creación dun gran hub enerxético no noroeste peninsular, que reforza á súa vez o papel de España como enclave do hidróxeno renovable de Europa e que integrará a produción de hidróxeno renovable na zona cos corredores futuros de hidróxeno na península ibérica.

O conselleiro delegado de Enagás, Arturo Gonzalo, destacou que “o peche desta operación histórica para o sistema gasista español reforza ás dúas compañías porque permite aproveitar as súas sinerxías para impulsar o noroeste da península ibérica como hub enerxético en Europa e porque permite traballar conxuntamente en novas posibilidades de colaboración para seguir reforzando a seguridade de subministración e avanzar nos obxectivos de descarbonización”.

Pola súa banda, o director xeral de Reganosa, Emilio Bruquetas, sinalou que esta alianza senta as bases para o desenvolvemento enerxético do noroeste peninsular. “Trátase dunha zona cunhas condicións excepcionais para a produción de hidróxeno verde e biogás. Hoxe poñemos os cimentos para que todas as infraestruturas clave no desenvolvemento dos gases renovables se constrúan e operen ao servizo do sistema”, abundou.  “Este acordo histórico -concluíu- bebe dun dos nosos principios fundacionais: colaboración público-privada e cooperación entre empresas”.

Os detalles da operación

Co peche da operación, Enagás adquire o total da rede de transporte que ata o de agora era propiedade de Reganosa e que consta de 130 quilómetros de gasodutos de 80 bares de presión. Esta rede está incluída dentro da rede troncal e é clave para garantir a seguridade de subministración e o correcto funcionamento do mercado ibérico do gas. Conecta coa terminal de GNL de Mugardos e co gasoduto Tui-Llanera en Guitiriz e Abegondo. Conta con tres estaciones de medición, tres estaciones de regulación e medida, e trece posicións de válvulas. A rede de transporte fai chegar o gas natural directamente ás centrais de ciclo combinado das Pontes (800 MW) e Sabón (400 MW), á refinería da Coruña (120.000 barrís/día) e ás poboacións das Pontes e Cerceda.

Ademais, Reganosa cede a Enagás a súa posición como promotor do hidroduto entre Guitiriz (Lugo) e Zamora, candidato a proxecto de interese común (PCI) da Unión Europea. Enagás, pola súa banda, comprométese a impulsar o desenvolvemento desa infraestrutura de transporte e a súa conexión á interconexión con Portugal, e contará co apoio de Reganosa para axilizar ao máximo a súa aprobación. O hidroduto Guitiriz-Zamora forma parte do proceso de call for interest non vinculante para os primeiros eixos da rede troncal española de hidróxeno, presentado por Enagás o pasado 14 de setembro co fin de dimensionar o interese dos principais axentes do sector enerxético no desenvolvemento das necesarias infraestruturas de transporte de hidróxeno renovable.

Pola súa banda, Reganosa entra cun 25 % no accionariado do Musel E-Hub, que ata o de agora era propiedade 100 % de Enagás e que conta cunha capacidade de almacenamento de 300.000 metros cúbicos de GNL, repartida en dous tanques de 150.000 cada un. Tamén conta cunhas instalacións de atracada e descarga deseñadas para os buques metaneiros máis grandes de mundo, os Q-max, de ata 266.000 metros cúbicos.

O pasado 1 de xullo, o Musel E-Hub recibiu o primeiro barco, o Cool Racer —de 174.000 metros cúbicos de capacidade—, que realizou unha primeira descarga necesaria para as probas técnicas finais antes da posta en marcha comercial. O 11 de xullo, Enagás adxudicou a Endesa os servizos loxísticos da terminal de gas natural licuado, e o 11 de agosto a terminal recibiu o primeiro barco de Endesa, o Gaslog Warsaw, de 180.000 metros cúbicos de capacidade. Desde a súa posta en operación descargaron xa catro barcos, dous en probas e dúas descargas comerciais. A planta pode achegar ata 8 billon cubic meters (bcm)/ano de GNL para reforzar a seguridade de subministración enerxética de Europa.

Sobre Enagás

Enagás é un TSO (transmission system operator) europeo con 50 anos de experiencia no desenvolvemento, operación e mantemento de infraestruturas enerxéticas. Conta con máis de 12.000 quilómetros de gasodutos, tres almacenamentos subterráneos e oito plantas de regasificación —catro delas 100 % propiedade de Enagás e outras catro con participación relevante no accionariado—. A compañía opera en sete países: España, Estados Unidos, México, Perú, Albania, Grecia e Italia. En España é o xestor técnico do sistema gasista.

De acordo con o seu compromiso coa transición enerxética, Enagás anunciou o seu obxectivo ser neutro en carbono en 2040. Aposta pola descarbonización e o impulso dos gases renovables, especialmente do hidróxeno e é a compañía española promotora do corredor H2MED, xunto cos operadores de Francia e Portugal, así como dos primeiros eixos da rede troncal de hidróxeno de España. Enagás ten unha posición de liderado en sustentabilidade e así o reflicte a súa permanencia no Dow Jones Sustainability Index World, por 15 anos consecutivos cunha das puntuacións máis altas do seu sector e a cualificación Top 5 % S&P Global ESG Score 2022. Enagás é tamén líder mundial do seu sector no Gender Equality Index de Bloomberg.

 

Sobre Reganosa

Reganosa é a primeira multinacional galega da enerxía. De acordo cos principios de seguridade, eficiencia e flexibilidade, desenvolve unha actividade clave na transformación do modelo enerxético e na mitigación dos efectos do cambio climático. Opera activos básicos para a seguridade da subministración en Europa e África, posúe infraestruturas clave para o sector enerxético en España e é líder mundial na xestión de terminais de gas natural licuado propiedade de terceiros. Nos últimos anos prestou servizos de diverso tipo en 24 países de catro continentes. Como grupo en transformación, actualmente desenvolve proxectos de economía circular, xeración con renovables, hidróxeno verde, almacenamento enerxético, eficiencia e dixitalización.