DEPUTADOS DA COMISIÓN DE ENERXÍA DO CONGRESO COÑECEN IN SITU A ACHEGA DE REGANOSA Á TRANSICIÓN CARA Á ECONOMÍA VERDE

01/25 2018

DEPUTADOS DA COMISIÓN DE ENERXÍA DO CONGRESO COÑECEN IN SITU A ACHEGA DE REGANOSA Á TRANSICIÓN CARA Á ECONOMÍA VERDE

Unha delegación de membros da Comisión de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital do Congreso visitou esta mañá a terminal de gas natural licuado (GNL) do porto de Ferrol. Os deputados quixeron coñecer in situ a achega de Reganosa á transición cara a economía descarbonizada, no marco dos compromisos adquiridos por España e pola Unión Europea para reducir drasticamente as emisións atmosféricas.

Na súa condición de xestor da rede de transporte de gas (TSO), Reganosa, por boca do seu director xeral, Emilio Bruquetas, expuxo aos congresistas a súa visión para incrementar a eficiencia e a seguridade do sistema gasista a través dunha nova planificación de infraestruturas que inclúe, entre outras, a ampliación de capacidade da terminal de Mugardos e a construción do gasoduto Guitiriz-Zamora. Igualmente, explicou os grandes retos que afronta o grupo enerxético galego; o principal, a creación do hub de GNL do noroeste ibérico para levar o gas natural licuado á flota pesqueira e todo tipo de buques.

A delegación de deputados encabezouna o portavoz de Enerxía do Partido Popular na Cámara baixa, o electo polas Palmas Guillermo Mariscal. Formaban parte da mesma, entre outros, o ferrolán Juan Juncal, a oleirense Tristana Moraleja e o turolense Alberto Herrero, tamén do PP. Durante o seu percorrido estiveron acompañados de deputados autonómicos da zona, como Miguel Tellado, secretario xeral do Partido Popular de Galicia, e Diego Calvo, vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia.

Nota de prensa en Word

Nota de prensa en PDF