Características

Software Ganeso

Sistema de calidade

O laboratorio de Reganosa obtivo, en xaneiro 2016, a acreditación como recoñecemento á competencia técnica para a realización de ensaios no Sector Industrial, conforme á norma UNE-EN ISO/IEC 17025:2005. Dita acreditación (número 1179/LE2273) foi concedida pola ENAC (Entidade Nacional de Acreditación). Recentemente (febreiro 2017), o laboratorio conseguiu amplia-lo seu alcance de acreditación. Dito alcance pode ser consultado en https://www.enac.es/documents/7020/fbf3938f-9a70-41b2-ac3a-6f3932f3d0b8. A acreditación supón o recoñecemento formal de que unha organización é competente para tarefas específicas. Isto leva implícito o recoñecemento por parte dos clientes da validez dos resultados do laboratorio, fai máis doado o intercambio de información fiable e contribúe a harmonizar procedementos. É un paso máis na procura da excelencia na medición da enerxía que os nosos clientes nos confían.

SERVIZO DE ANALISE DE CALIDADE DO GN/GNL

O noso laboratorio presta servizos de análises de compostos de GNL e gas natural e compostos de xofre, tanto aos usuarios das nosas instalacións como a empresas e entidades externas. Para iso contamos cun equipamento perfectamente calibrado e verificado.

Complementariamente ás actividades analíticas, o noso laboratorio presta un servizo de asesoramento integral, desde a toma de mostras até a obtención de resultados finais.

Solicita máis información