LNG HUB

Software Ganeso

Un proxecto de futuro

O transporte marítimo de mercadorías evoluciona cara a un maior coidado do medio. Por iso é polo que autoridades de diversas partes do mundo estableceron zonas de navegación onde se impoñen estritos límites á emisión de gases á atmosfera (áreas de control de emisións, ECA). O cumprimento desas novas esixencias require de combustibles máis limpos e os expertos son unánimes ao vincular navegación limpa con gas natural licuado. Este reduce ao 100 % as emisións de óxidos de xofre e de partículas, ao 90 % as de óxidos de nitróxeno e ao 20 % as de dióxido de carbono. Ademais, a evolución previsible dos prezos coloca o GNL como a opción máis competitiva.

Neste contexto xorde en 2013 o proxecto “Hub de GNL no Noroeste da Península Ibérica”, promovido pola Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Navantia e Reganosa. Está apoiado e financiado pola Comisión Europea no marco do programa TEN-T.

O obxectivo global é a análise da demanda e o deseño das instalacións, infraestruturas e procedementos que garantan a dispoñibilidade de GNL a través da implantación dun centro de distribución na zona. Iso constitúe unha panca de crecemento para a comunidade galega e sitúa o porto de Ferrol como referente na subministración de GNL. Este proxecto foi o xerme doutro máis amplo, que pretende xerar valor en sectores como o pesqueiro, o naval e o loxístico, ademais de situar a Galicia á cabeza da transformación da frota, garantindo a súa sustentabilidade ambiental e a súa competitividade.

Tras a sinatura dun convenio de colaboración coa Xunta de Galicia, en 2015 deseñamos un buque de subministración cunha capacidade de 8.000 m3. Será unha peza clave da cadea loxística necesaria para fornecer GNL aos barcos.

Asinamos un convenio de colaboración con Ferrol Container Terminal e con Gas Natural para analizar en detalle as necesidades concretas que xerará o tráfico de colectores.

Todas as infraestruturas definidas como necesarias no primeiro estudo, cuxa fase de deseño conceptual está finalizada, foron incluídas no Ten Year Network Development Plan 2015-2024.

Consulta toda a información sobre o LNG HUB na súa web web.