REGANOSA CONVIDA A OITOCENTOS ESTUDANTES PARA QUE ANIMEN AO RACING DE FERROL NO PARTIDO DO VINDEIRO DOMINGO

05/24 2016

REGANOSA CONVIDA A OITOCENTOS ESTUDANTES PARA QUE ANIMEN AO RACING DE FERROL NO PARTIDO DO VINDEIRO DOMINGO

  • As entradas terán que solicitalas en bloques os centros docentes de Ferrolterra

Oitoicentos estudantes de Ferrolterra poderán animar ao Racing de Ferrol no partido que disputará o vindeiro domingo ante o Cádiz, por iniciativa de Reganosa, que se fará cargo das entradas. Con esta iniciativa, a empresa súmase ao chamamento ao “Orgullo Ferrolán” lanzado polo Consello de Administración do club.

Reganosa é o patrocinador principal do Racing, e espera que o equipo poida culminar a tempada co ascenso de categoría. O encontro entre ferroláns e gaditanos, decisivo para continuar disputando o play off de ascenso, disputarase o vindeiro domingo ás 17 horas no estadio da Malata.

As entradas, para localidades do fondo Norte, serán distribuídas en bloques, previa solicitude de centros de ensino de Ferrol e comarca tanto públicos como privados. Os colexios e institutos que desexen entradas para os seus alumnos terán que solicitalo a Reganosa, a través da conta de correo electrónico [email protected], indicando a cantidade de localidades que desexan e un número de teléfono para contactar. Unha vez adxudicadas, será o propio Racing de Ferrol quen se encargue de entregalas aos colexios.

Nota de prensa en Word

Nota de prensa en PDF